Calendario Eurocidade 2022 "Camiñando Xuntos"
Calendario Eurocidade 2022 "Camiñando Xuntos"
Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
Calendario Eurocidade 2022 "Camiñando Xuntos"
700 persoas participarán esta fin de semana no Trail do Aloia, delas 500 participarán na categoría absoluta e 200 na infantil que se incorpora coma novidade esta edición.
A proba foi presentada esta mañá na casa do concello de Tui polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, o deputado de Deportes, Gorka Gómez, e por Serafín Martínez e Justi Peixoto da empresa organizadora. O Trail do Aloia está subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI.
Mañá martes 2 de novembro, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Trail do Aloia. Este evento está organizado pola empresa NOKO 360 SPORTS CONSULTING, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI. Celebrarase esta fin de semana, o sábado 6 e domingo 7 de novembro, nas instalacións deportivas da Macoca, no Parque Natural do Monte Aloia.
Este domingo, 24 de outubro, terá lugar a III Carreira de Orientación da Eurocidade, organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionado polo programa Interreg.
Nesta proba están inscritos un total de 260 deportistas, participando ao redor de 200 persoas en cada unha das probas.
Xa está aberto o prazo de inscrición para a III Carreira de Orientación da Eurocidade, que se celebrará o domingo 24 de outubro, organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo programa Interreg.
A proba celebrarase a partir das 10 horas españolas en Valença e a partir das 16.00 horas en Tui. A participación pódese realizar nunha proba, cun prezo de 6€, ou nas dúas por 10€ por participante. As persoas menores de idade poderán anotarse gratuitamente, coa opción de recibir unha camiseta conmemorativa cun prezo de 3€.
O domingo 24 de outubro celebrarase a III Carreira de Orientación da Eurocidade organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo programa Interreg.
A proba terá lugar a partir das 10 horas españolas en Valença e a partir das 16.00 horas en Tui.
A participación pódese realizar nunha proba, cun prezo de 6€, ou nas dúas por 10€ por participante. As persoas menores de idade poderán anotarse gratuitamente, coa opción de recibir unha camiseta conmemorativa cun prezo de 3€.
O domingo 24 de outubro celebrarase a III Carreira de Orientación da Eurocidade organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo programa Interreg.
A proba terá lugar a partir das 10 horas españolas en Valença e a partir das 16.00 horas en Tui.
A participación pódese realizar nunha proba, cun prezo de 6€, ou nas dúas por 10€ por participante. As persoas menores de idade poderán anotarse gratuitamente, coa opción de recibir unha camiseta conmemorativa cun prezo de 3€.
A Eurocidade Tui-Valença congregou a boa parte das empresas e profesionais de Galicia e Portugal durante os tres días nos que se desenvolveu o MUMI 2021. Do 9 ao 11 de setembro, o Encontro Profesional das Músicas no Minho reuniu a máis de 120 profesionais inscritos que participaron en mesas redondas e reunións nas que se abordaron as posibilidades de colaboración, a profesionalización artística e a internacionalización de proxectos.
Dende hoxe venres, 10 de setembro, e até este domingo, 12 de setembro, celébrase o 7º Torneo Eurocidade de Hoquei, nas categorías sénior, escolares, sub13 e sub15, no pavillón deportivo municipal de Valença. Está organizado polo Valença Hoquei Clube, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.
Mañá sábado, 11 de setembro, o MUMI 2021 despídese na Eurocidade Tui-Valença cunha xornada de programación aberta ao público. Animación nas rúas para público familiar na Praza de San Fernando de Tui e na Fortaleza de Valença, showcase da banda portuguesa KÁUSTIKA, música na Corredoira de Tui con “La Duendeneta” e concerto de clausura con Galandum Galundaina + Uxía no Teatro Municipal de Tui.