Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Acto de benvida do MUMI 2022 no Teatro Municipal de Tui

29/09/2022

Hoxe ás 13:30 h ES - 12:30 h PT, celebrarase a benvida oficial do MUMI 2022 - III Encontro Profesional de Música Galicia e Portugal.

O acto terá lugar no Teatro Municipal de Tui (R/Colón, 2) e contará coa participación de:

- Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
- Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença.
- Ana Laura Iglesias, Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra.
- Jacobo Sutil, director da Axencia das Industrias culturais (AGADIC).
- Uxío Benítez, director da AECT Rio Minho.
- Ánxela Vila, organización do MUMI.

Tralas intervencións da apertura oficial, as autoridades farán unha visita institucional aos distintos espazos de traballo da feira.