Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

O Concello de Tui contratou a 16 persoas ao abeiro da liña 3 do Plan +Provincia 2025

Undefined

Dezaseis persoas véñense de incorpora a distintos servizos municipais tras ser contratadas polo Concello de Tui o abeiro da liña 3  do Plan + Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra.

En concreto foron contratados 14 peóns de horticultura, un oficial segunda fontaneiro e un operario soldador-cerralleiro de estruturas metálicas lixeiras.

A financiación dos contratos realízase a través da subvención da liña 3 do Plan + Provincia, cun importe para este ano 2025 de 222.200,16€, e cunha achega municipal de 5.348,97€.

LISTA DE RESERVA DE PROFESORES DE PIANO 2026

Mediante resolución da alcaldía de data 27/10/2026 realizouse o chamamento único a tódolos compoñentes da lista de reserva de piano dispoñibles, ofrecendo unha contratación temporal de 30 h/s por circunstancias da produción. O prazo para aceptar ou rexeitar o ofrecemento é de dous días hábiles dende o día seguinte á publicación do anuncio na sede electrónica e na páxina web. O prazo remata o xoves 29/10/2026. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego