O Concello de Tui contratou a 16 persoas ao abeiro da liña 3 do Plan +Provincia 2025
21/05/2025
Dezaseis persoas véñense de incorpora a distintos servizos municipais tras ser contratadas polo Concello de Tui o abeiro da liña 3 do Plan + Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra.
En concreto foron contratados 14 peóns de horticultura, un oficial segunda fontaneiro e un operario soldador-cerralleiro de estruturas metálicas lixeiras.
A financiación dos contratos realízase a través da subvención da liña 3 do Plan + Provincia, cun importe para este ano 2025 de 222.200,16€, e cunha achega municipal de 5.348,97€.
Grazas a estas contratacións refórzanse distintos servizos municipais.





