Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

PROCESO DE SELECCIÓN PARA O NOMEAMENTO INTERINO DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO PARA O OBRADOIRO “SENDA RÍO MIÑO TRAMO SAN MARTIÑO”

Unha vez finalizado o prazo de alegacións, o tribunal resolveu as presentadas en prazo, propondo os candidatos a nomear. Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar a documentación para o seu nomeamento

Proceso selectivo peón forestal PROGRAMA EMPREGO GALICIA SUMA TALENTO: RURAL ACTIVO

Finalizado o prazo de alegacións, mediante Resolución de data 16/06/2026 se require o aspirante para que presente a documentación necesaria para a súa contratación. O aspirante dispón de 2 días hábiles para presentar a mesma, para o recoñecemento médico se comunicará co aspirante o departamento de persoal.

Tui impulsa un novo obradoiro dual de emprego para avanzar na senda do Miño e formar a 20 persoas en sectores con alta demanda

Undefined

Tui impulsa un novo obradoiro dual de emprego para avanzar na senda do Miño e formar a 20 persoas en sectores con alta demanda. O Concello de Tui vén de recibir, con data 17 de abril de 2026, a resolución favorable do Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo) pola que se concede a realización do obradoiro dual de emprego “SENDA RÍO MIÑO: TRAMO SAN MARTIÑO”.

Plan + Provincia 2026- liña 3

Undefined

O Concello de Tui, solicitou subvención á Deputación de Pontevedra, dentro da liña 3 do Plan Máis Provincia 2026, para a contratación de 6 persoas. Unha vez a subvención sexa concedida, realizaranse os procesos de selección.

As prazas que se ofertaran serán:

  • 1 Enxeñeiro técnico forestal (código 24251011),  , contrato 7,5 meses.
  • 2 Peóns de horticultura e xardinería (código 9512 1019), contrato 6,5 meses
  • 2 Operarios de limpeza (código 94411010), contrato 4 meses
  • 1 Operario soldador/cerralleiro (código 7312 1051), contrato 8,5 meses.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego