Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selectivo peón forestal APROL 2021

Undefined

Rematado o prazo de alegacións as puntuacións provisionais do proceso de selección para a contratación laboral temporal dun peón forestal a tempo completo vinculado a subvención APROL 2021, sen que se presentase algunha, as puntuacións consideránse definitivas, polo que mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 13/07/2021 se require o aspirante proposto polo tribunal para a súa contratación, a presentación da documentación necesaria para realizar a contratación.

Prazas vacantes no curso de prevención de riscos laborais na construción que comezará o día 26 de xullo

Undefined

Quedan prazas vacantes nos cursos de prevención de riscos laborais na construción que do 26 de xullo ao 6 de agosto, de luns a venres de 15.30 a 21.30 h, se van impartir en Tui.

Están organizados polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.

Proceso selectivo peón forestal APROL 2021

Undefined

Rematado o proceso de selección para a contratación laboral temporal dun peón forestal a tempo completo vinculado a subvención APROL 2021, o tribunal publica as puntuacións provisionais, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para  presentación de alegacións, unha vez finalizado o prazo sen presentarse as alegacións as puntuacións provisionais serán definitivas. O prazo de presentación de alegación é ata o vindeiro luns día 12/07/2021.

Proceso selectivo peón forestal APROL 2021

Rematado o prazo de alegacións as puntuacións provisionais do proceso de selección para a contratación laboral temporal dun peón forestal a tempo completo vinculado a subvención APROL 2021, sen que se presentase algunha, as puntuacións consideránse definitivas, polo que mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 13/07/2021 se require o aspirante proposto polo tribunal para a súa contratación, a presentación da documentación necesaria para realizar a contratación.

Este venres remata o prazo de inscrición nos cursos de Prevención de Riscos Laborais na construción

Undefined

Até este venres, 2 de xullo, está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de prevención de riscos laborais na construción, que proximamente se van impartir en Tui.

Están organizados polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.

Procesos selectivos formación lista de reserva profesores piano, trombón, clarinete e óboe

Undefined

Mediante Resolucións da Concellería delegada de persoal de data 18/06/2021, se aprobou a convocatoria e bases de selección para a formación de lista de reserva para contratacións temporais de profesores da escola-conservatorio nas especialidade de:   piano, trombón, clarinete e óboe.

Os interesados poden presentar as súas instancias no rexistro de entrada, recomendase a presentación a través do rexistro electrónico, en caso contrario debe solicitarse cita previa.

O prazo de presentación de instancis é de 10 días hábiles, prazo que remata o vindeiro día 09/07/2021.

Proceso selectivo lista de reserva profesor escola-conservatorio especialidade clarinete

Mediante Resolución da concellería delegada de persoal de data 12/09/2022 se iniciou o chamamento para a contratación laboral temporal  en interinidade a tempo parcial (11 horas) ata a cobertura da praza por persoal laboral fixo ( a mesma atopase dentro da oferta de estabilización do emprego temporal).

A aspirante requirida dispon do prazo de dous días hábiles para presentar a aceptación da contratación

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego