O proxecto IniciaTic impartirá seis cursos sobre transformación dixital e emprendemento para persoas emprendedoras, autónomas e PEMES en colaboración co Concello de Tui
Os martes, mércores e xoves, do 21 e o 30 de setembro, de 15 a 16.30 h, terán lugar seis cursos en liña e gratuítos sobre en transformación dixital e emprendemento dirixidos a persoas emprendedoras, autónomas e PEMES. Forman parte do proxecto IniciaTic desenvolvido entre a Fundación Cibervoluntarios e o Ministerio de Traballo e Economía Social, contando neste caso coa colaboración do Concello de Tui.




