Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais

6/01/2022

Ata o 8 de marzo está aberto o prazo para a presentación de proxectos de emprendemento ás axudas do IGAPE destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, ao abeiro do programa GALICIA RURAL EMPRENDE 2022. 

A subvención é de interese para as persoas que teñan entre mans unha idea madura de emprendemento cuxo obxectivo é apoiar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas en zonas rurais, cun apoio económico que vai desde un mínimo de 20.000 € a un máximo de 45.000 €. Subvenciona todos os gastos e investimentos a acometer no proxecto de emprendemento a fondo perdido, pudendo chegar a cubrir até o 100% do investimento.

Esta subvención vai dirixida a:

  • Personas desempregadas 

  • Persoas autónomas ou microempresas 

  • Pequenas empresas de nova creación (dentro dos 12 meses anteriores á solicitude da axuda, é dicir, que poden ser solicitantes tamén desta axuda empresas que teñan coma moito unha antigüidade máxima de 12 meses. 

  • Titulares ou membros  dunha unidade familiar dunha explotación agraria, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. 

Dende a Concellería de Emprego do Concello de Tui, conscientes da importancia que ten esta axuda para os proxectos que se emprendan no termo municipal do Concello de Tui  o próximo luns, 10 de xaneiro, ás 10:00 horas, no tempo do Club de Emprego no programa Día a Día na Radio Municipal de Tui participará Anabel Díaz, CEO de Idae Consultores, empresa especializada na Xestión de liñas de subvención, especializada en Emprendemento. Explicará  en qué consiste esta axuda, os requisitos, as obrigas, qué subvenciona, qué tipos de proxectos son os que máis apoia esta subvención, e dará conta de todos os detalles.

+ información 

Publicación da convocatoria no DOG o luns, 3 de xaneiro de 2022

Código de procedemento: IG501A