Este venres remata o prazo de inscrición nos cursos de Prevención de Riscos Laborais na construción
Até este venres, 2 de xullo, está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de prevención de riscos laborais na construción, que proximamente se van impartir en Tui.
Están organizados polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.




