Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Reunión informativa sobre o programa Galicia Rural Emprende

11/01/2022

Mañá mércores, 12 de xaneiro de 2022, ás 18.30 h terá lugar unha reunión informativa sobre as Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, o programa Galicia Rural Emprende que vén de convocar o IGAPE. A reunión celebrarase a través da plataforma Zoom. O acceso á mesma será o seguinte. 

Na reunión intervirán a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, e a CEO de IDAE Consultores, Anabel Díaz. Na mesma explicarán o obxectivo destas axudas, a quen van dirixidas, conceptos subvencionables, exemplos... e dará resposta ás preguntas e consultas que poidan plantexar as persoas participantes.