Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas ao abeiro do Plan Concellos

24/02/2022

O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas a través do Plan Concellos 2002 a ao abeiro da liña 3 de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. 

Os contratos serán a xornada completa por un período de 6 meses. Os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tui, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, co correspondente código, como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.

Así contrataranse a 10 peóns de horticultura e xardinería (código: 95121019), 5 operarios de obras (código: 96011029), 1 oficial condutor (código: 84321042) e 1 auxiliar administrativo (código: 43091029).