Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Aula CEMIT de Tui acolle o sábado 12 un obradoiro do XI Scratch Day

4/09/2026

Vai dirixido á rapazada de 7 a 15 anos acompañada dunha persoa adulta

A Aula CEMIT de Tui acollerá por segundo ano consecutivo un dos obradoiros do XI Scratch Day. A cita será o próximo sábado, 12 de setembro, de 9.30 h a 14 h. A actividade vai dirixida a rapazada con idades entre os 7 e os 15 anos acompañados dunha persoa adulta. 

O obradoiro comezará cunha introdución á programación de videoxogos arcade con MakeCode abordando o deseño de personaxes pixelados, movemento, lanzamento e interacción de obxectos, e combinación das funcións anteriores para crear un videoxogo básico. A segunda parte do seminario centrarase na robótica co deseño e programación dun ventilador e a combinación de engrenaxes para aumentar ou reducir a súa velocidade de xiro. Amais levarase a cabo o deseño e programación dun vehículo capaz de reaccionar a diferentes estímulos, como a luz, o son ou a presenza de obstáculos.

A participación é gratuíta. As prazas son limitadas, a inscrición pode realizarse en aquí.

Os obradoiros do XI Scratch Day están organizados por AMTEGA,  a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co CPETIG, Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia, e neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.