Mañá mércores preséntase a Aloiada 2025
Maña mércores, 11 de xuño, ás 10 h, no edificio sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Aloiada 2025, actividade organizada por sete dos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase este xoves 12 e venres 13 de xuño, coa participación de máis de 180 alumnos e alumnas de 6º de Primaria, que estarán acompañados por ao redor de 40 profesores e profesoras dos centros participantes.
Á presentación mañá mércores asistirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Educación, Sonsoles Vicente, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, xunto a outros concelleiros e concelleiras de Tui, así como os directores e directoras dos sete centros participantes, Verónica Martín, do CEIP de Pazos de Reis, Nuria Garabal do CEIP Nº1, Ramiro García do CEIP Nº2, Nerea Castro do CEIP de Rebordáns, Manuel González do CEIP de Caldelas, Paula Lima do CEIP de Guillarei e Roberto Díez, do CPR Sta Mª Maristas.