Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O espectáculo “Cubo” de Elefante Elegante abre este venres a programación de 2022 no Teatro Municipal

Undefined

Unha obra de teatro xestual dirixida a público familiar abre este venres a programación de 2022 no Teatro Municipal de Tui. Trátase de “Cubo” un espectáculo da compañía Elefante Elegante. A cita será este venres, 4 de febreiro ás 19 h no Teatro Municipal de Tui.

Culturactiva con “Rosalía”

NOVA DATA Venres, 25 de marzo, ás 19 h

Culturativa produce esta obra teatral que nos achega á infancia de Rosalía de Castro. Unha nena que que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Un espectáculo que conta a nenas e nenas que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

Nate Borrajo é a autora desta obra que dirixe Fina Calleja e interpretan Cristina Collazo e Rocío González.

O Concello de Tui non celebrará este ano nin o desfile de Entroido nin o Enterro do Bacallau

Undefined

O Concello de Tui non organizará este ano nin o tradicional Desfile de Entroido de comparsas e grupos nin o Enterro do Bacallau ao considerar que debido á pandemia, non se dan as condicións axeitadas para as súa celebración. 

Antes de tomar esta decisión o Concello de Tui mantivo dúas reunións para coñecer o parecer e as perspectivas para este ano das comparsas que adoitan acudir ao Entroido Tudense. Á primeira delas foron convocadas catro comparsas tudenses e á segunda foron citados os representantes de 22 comparsas que nos últimos anos teñen acudido á cita co Entroido tudense. 

Presentación da obra “As que limpan” de A Panadaría

Undefined

O próximo luns, 31 de xaneiro, ás 11 h na Sala Xacobeo do edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica terá lugar a presentación de “As que limpan” de A Panadaría. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto ás autoras, directoras e actrices desta obra Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura