Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Samuel Diz con "Memoria da melancolía"

Aprazado coma medida preventiva para evitar o contaxio por Coronavirus

As persoas que tiñan mercado xa a súa entrada on line para este eventos recibirán unha comunicación do departamento de Cultura dando conta da cancelación do espectáculo, e a nos próximos días lles será devolto o importe das entradas polo mesmo método no que realizaron o pagamento.

O sábado 14 de marzo, ás 20.30 h, o Teatro Municipal de Tui acolle ao tudense Samuel Diz en concerto baixo o título de "Memoria da melancolía". 

Galitoon con "The show moscón"

Galitoon presenta o venres, 6 de marzo, ás 19.30 h no Teatro Municipal de Tui o seu novo espectáculo "The show moscón".

Sinopse: Un moscón gordo e rollizo é o presentador dun circo ambulante de varietés. Ten lugar no interior dun armario que abre as súas portas para amosar Divas da canción, absurdos números musicais, espeluznantes Magos e Mentalistas, incribles bebés equilibristas, …

Magín Blanco con "A nena e o grilo máis aló"

O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado, 15 de febreiro, ás 18.30 h o espectáculo "A nena e o grilo máis aló" da man de Magín Blanco. 

Sinopse: Maxia e música conducen á nena e ao grilo ao país dos mortos onde tentarán atopar a súa amiga a araña Xertudre, a quen esmagan sen querer, para traela de regreso. Unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas…

Contraproducións con "A compañeira de piso"

O Teatro Municipal de Tui acollerá o venres, 14 de febreiro, ás 21.30 h a representación de "A compañeira de piso" da man de Contraproducións

Sinopse: Dúas mulleres completamente diferentes, que comparten casa, protagonizan esta comedia negra que nos achegará á capacidade de reconducir a nosa vida. Ao remate estarán máis cerca, do que pensaban, a unha da outra.

Mañá preséntase a programa cultural a desenvolver até o mes de maio

Undefined

Mañá venres, 31 de xaneiro, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación cultural a desenvolver até o mes de maio, recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, serán os encargados de dar a coñecer os eventos previstos.
 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura