Festas de San Telmo 2022
Tui celebrará as festas patronais de San Telmo do 16 ao 25 de abril
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Tui celebrará as festas patronais de San Telmo do 16 ao 25 de abril
Este venres, 25 de marzo, ás 19 h chega ao Teatro Municipal de Tui o espectáculo “Rosalía” da man de Culturactiva. Este espectáculo pecha a programación dos meses de febreiro e marzo neste espazo.
Baixo a dirección de Fina Calleja sobre o escenario estarán Rocío González e Cristina Collazo.
A obra achéganos á infancia de Rosalía de Castro, onde unha nena canta, xoga, le, come chocolate… Rosalía quere amosarlle aos nenos e nenas que a infancia é o lugar onde medran as poetas : entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.
Festas de San Telmo 2022 - Declaración responsable para festas / eventos
Festas de San Telmo 2022 - Anexo - Documentación complementaria para achegar á solicitude de posto/atracción
Festas de San Telmo 2022 - Anexo - Procedemento para autorizar un posto/atracción
Festas de San Telmo 2022 - Solicitude de permiso para a instalación de postos / atraccións
Solicitude de permiso para a instalación de postos / atraccións nas Festas Patronais de San Telmo 2022 que se van celebrar do 16 ao 25 de abril.
A Red de Juderías de España lanza unha nova edición do seu proxecto educativo Benjamín de Sefarad, que ten como obxectivo o difundir entre os escolares a importancia e pervivencia do legado xudeu de España. Unha proposta educativa na que colabora o concello de Tui a través da concellería de Ensino e Cultura que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente Solla.
Sarabela Teatro presenta este venres, 18 de marzo, ás 21 h no Teatro Municipal, “A Lingua das Bolboretas”, unha montaxe pola que recibiron catro Premios María Casares 2021 ao Mellor Espectáculo, dirección (Gonçalo Guerreiro), actor secundario (Fran Lareu) e adaptación-tradución (Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro).
Gonçalo Guerreiro é o responsable da dirección e dramaturxia desta montaxe teatral. Sobre o escenario estará un elenco de seis actores: Fernando Dacosta, Elena Seijo, Josito Porto, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.
Esta xa habilitado na web municipal un formulario para que a veciñanza poida ofrecer a súa axuda á poboación ucraína.
Deste xeito búscase coñecer os recursos, tanto materiais coma humanos, cos que se pode contar en Tui para axudar á poboación ucraína desprazada ao municipio.
Así por unha banda a cidadanía pode ofrecer vivenda, gratuíta ou en aluguer, pero tamén o seu tempo realizando labores de tradución, axudando en clases de castelán, levando a cabo reforzo educativo, acompañamento, clasificación e organización de material, … indicando a súa dispoñibilidade horaria.