Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Centro Dramático Galego, CDG, con “O Charco de Ulises”

O Centro Dramático Galego, CDG, inicia en Tui a xira de “O Charco de Ulises”, unha versión libre da Odisea, traspasada de Ítaca a Galicia, de Troia a Bos Aires, do Mediterráneo ao Atlántico. Será o venres, 5 de novembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui.

A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético.

Amancio Prada “Camiño do meu contento”

O cantautor Amancio Prada actuará o martes, 2 de novembro, ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui con “Camiño do meu contento”, un concerto patrocinado por Turismo de Galicia Xacobeo 21-22.

Xénero: Música de cantautor | Recomendada: Público adulto | Duración: 75 minutos

Entradas: 8€ e 6€

Entradas á venda até unha hora antes do comezo do espectáculo.

 

Ibuprofeno Teatro con “O mel non caduca”

O venres, 15 de outubro, ás 21.30 h Ibuprofeno Teatro presenta no Teatro Municipal de Tui “O mel non caduca”, un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produto

Este xoves haberá unha actividade de contacontos para bebés na Biblioteca Municipal

Undefined

A Biblioteca Pública Municipal de Tui avanza na súa programación de actividades cunha sesión de contos para os usuarios máis cativos deste centro bibliotecario. Así este xoves, 30 de setembro, ás 18,00 horas chega ao centro bibliotecario o espectáculo “Levántate Xan, contos para bebés” de Caxoto. Trátase dunha sesión multidisciplinar na que, a través da palabra, da música en directo, do xogo e da complicidade das familias, lévase ás crianzas a unha aprendizaxe do mundo animal, da lingua e dos sons.

Mañá preséntase a programación cultural de Outono

Undefined

Mañá mércores, ás 10.45 h, na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación cultural de Outono que se vai celebrar no Teatro Municipal dende este venres, 1 de outubro, até o venres 3 de decembro.

A programación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e do director da AGADIC, da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura