Presentación do libro “A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego” de Anxel Cardín

Data:
31/03/2023
Lugar:
Sala de exposicións municipal, no edificio Francisco Sánchez.
Hora: 20:00 h
Este venres, 31 de marzo, ás 20.00 h terá lugar na sala de exposicións municipal, no edificio Francisco Sánchez, a presentación do libro “A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego”, de Anxel Cardín.
A presentación do acto correrá a cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela. Ademais, intervirá o investigador sociolóxico, Luís Cuntín, que presentará ao autor, e o propio escritor, Anxel Cardín.
Esta publicación ofrece unha panorámica pola evolución dos idiomas peninsulares ameazados e os problemas para a súa normalización, ollando coa lupa e de preto a do idioma galego.