Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Banda de Música Popular de Tui conta no seu concerto de Nadal a historia de Santa Claus

26/12/2024

Será mañá venres ás 21.30  h no Teatro Municipal de Tui

Un conto de Nadal no que contarán a historia de Santa Claus. Así será o Concerto de Nadal que mañá venres, ás 21.30 h, ofrecerá no Teatro Municipal de Tui a Banda de Música Popular de Tui baixo a dirección de Eloy Carrera. No evento participará tamén o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis, que xunto a un narrador, unha cantante e os integrantes da banda tudense brindarán un espectáculo cheo de maxia.

O Silent Night de Swearingen, a Sinfonía dos Xoguetes de Mozart ou a marcha Radtzky de Strauss forman parte do repertorio deste evento pensando para toda a familia no que se combinará a música, a narración e o teatro para contar a orixe real da figura de Santa Claus nunha viaxe a través dos séculos .

As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 5€ e 3€. 

ENTRADAS