O contacontos “Viaxes e cancións dos ratos de Lonxetodo” abre a programación do Mes da Biblioteca
6/10/2025
Será mañá martes, ás 17.30 h con Trinketrinke Teatro
O contacontos “Viaxes e cancións dos ratos de Lonxetodo” con Trinketrinke Teatro abre mañá martes, ás 17.30 h, a programación do Mes da Biblioteca.
Os Ratos de Lonxedetodo levan 32 anos visitando as bibliotecas de Galicia. Desta volta o rato Fuco, a quen da vida David Pernas, presentará en directo as cancións do álbum ilustrado musical que publicaron o pasado mes de decembro con temas coma “Cancións de Lonxedetodo”, “Baile Singular”, “A estrela sen nome” ou “O rato mariñeiro” xunto aos seus contos favoritos.
Trátase dun espectáculo para público familiar con entrada de balde até completar aforo.