Nove actividades conforman a programación do Mes da Biblioteca
A Biblioteca Municipal organiza esta programación co gallo do Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro
Nove actividades conforman o programa co que a Biblioteca Municipal de Tui vai celebrar o “Mes da Biblioteca” coincidindo co Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro. Dende 1997 esta conmemoración é impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, e á mesma fóronse sumando, xa dende hai algún tempo, as bibliotecas nas súas diversas modalidades e titularidades.
O lema deste ano "Contra a desinformación: bibliotecas" pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación.
As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso axeitado das novas tecnoloxías. E, por encima de todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa como curador de contidos e apoio aos usuarios na procura de información a través de fontes fiables e contrastadas. O cartel conmemorativo deste ano 2025 é obra da ilustradora Laura Wächter.
A programación do Mes da Biblioteca aborda varias liñas de actividades para achegar aos diversos sectores sociais a súa oferta de información, formación e lecer.
Así por unha parte ao longo de todo este mes o Paseo de Corredoira acollerá unha exposición titulada “Tui en letras” con oitos poemas escolmados vinculados á nosa cidade e a súa contorna.
Por outra parte dende o xoves 9 a Sala Municipal de Exposición acollerá a exposición fotográfica fotografía “Destino” unha peregrinación” de Manuel Valcárcel, de Afundación.
Ademais ao longo do mes de outubro haberá catro contacontos para os usuarios máis cativos da Biblioteca Municipal. O martes 7 Trinketrinke Teatro presentará “Viaxes e cancións dos ratos de Lonxetodo”, o martes 14 Lalá Teatro acollerá “Estás como unha cabra”, o martes 21 Manuela Contacontos achegará “O gato con contos”, e o por último o venres 24 Lucía Aldao contará “A vez que vivín nun libro”. Todas estas actividades serán ás 17.30 h.
Amais o mércores 8, ás 19 h terá lugar unha visita guiada á biblioteca de cinema de Daniel Domínguez a cargo de Ángeles García e Ángel Sánchez e Pablo Comesaña de Play Doc.
O sábado 18, ás 19 h, haberá a presentación da primeira novela do tudense Alfonso Fontenla Fernández “La metáfora de las canicas”.
Finalmente o sábado 25, ás 17.30 h, a Biblioteca colabora no recital poético promovido polo escultor Diego de Giráldez arredor da escultura de D. Ricardo García no Paseo da Corredoira.
A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, destaca que esta nova proposta de actividades da Biblioteca Municipal é unha excelente oportunidade para achegarse a este centro bibliotecario que traballa cada día para ser un espazo de proximidade coa cidadanía, un ámbito de socialización e intercambio de ideas, que procura facilitar o acceso a información e o coñecemento a todos e todas se exclusión algunha, cun acceso libre, gratuíto e superador das fendas sociais.
OUTUBRO MES DA BIBLIOTECA
- Martes 7
- Contacontos “Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo” con Trinketrinke Teatro
- Biblioteca Municipal – 17,30 h.
- Programa “Ler conta moito”
- Mércores 8
- Visita guiada á Biblioteca de cinema de Daniel Domínguez.
- A cargo de Ángeles García e Ángel Sánchez e Pablo Comesaña, promotores de Play Doc.
- Biblioteca Municipal - 19,00 horas.
- Xoves 9
- Exposición de fotografía “Destino” unha peregrinación de Manuel Valcárcel, de Afundación. Ata 9 de novembro.
- Sala Municipal de Exposicións – Inauguración ás 11,00 horas.
- Martes 14
- Contacontos para bebés: “Estás como unha cabra” de Lalá Teatro
- Biblioteca Municipal – 17,30 horas
- Programa “Ler conta moito”
- Sábado 18
- Presentación da novela “La metáfora de las canicas” do tudense Alfonso Fontenla Fernández
- Sala “Félix Rodríguez González” – 19,00 h.
- Martes 21
- Contacontos “O gato con contos” con Manuela contacontos
- Biblioteca Municipal – 17,30 h.
- Programa “Ler conta moito”
- Venres 24: Día da Biblioteca
- Contacontos “A vez que vivín nun libro” con Lucía Aldao
- Biblioteca Municipal – 17,30 h.
- Programa “Ler conta moito”
- Sábado 25
- Recital poético no Paseo da Corredoira promovido polo pintor Diego Giráldez (autor da escultura a D. Ricardo García)
- Paseo da Corredoira – 17,30 h.
- Durante todo o mes:
- Exposición “Tui en Letras” no Paseo da Corredoira.