Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Banda dos Insectos en Concerto

Data: 
6/02/2026
Lugar: 
Teatro Municipal

A Banda dos Insectos estará en concerto no Teatro Municipal de Tui o venres, 6 de febreiro, ás 19 h.  Esta agrupación formada por Adri Salgado, batería e voz; Eduardo Cadenas, baixo e coros; Juan Pérez, guitarra e coros, e Manuel Fernández, animador, presenta un novo proxecto de música rock en galego que busca familiarizar á rapazada cos valores cooperativos e do deporte.

Compañeiros, respecto, igualdade e solidariedade están moi presentes nas súas cancións.  A Banda dos Insectos promete un concerto cheo de ritmo e diversión para toda a familia.

Ás entradas están á venda até 10 minutos antes do inicio do espectáculo aos prezos de 4€ e 3€.

Duración: 50 minutos

Recomendada: A partir de 3 anos

ENTRADAS