Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Amarelo Cía con “O Arcón de Noa”

Data: 
20/02/2026
Lugar: 
Teatro Municipal

O Arcón de Noa” é o título do espectáculo de danza que Amarelo presentará o venres, 20 de febreiro, ás 19 h, no Teatro Municipal de Tui.  Escrito por Lilian Portela está dirixido e interpretado por Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco, xunto a Raquel Ferradás.  Maxia e fantasía para contar a historia de Noa, que vive coa súa nai nunha casa apartada, e que un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no seu arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles.

As entradas, aos prezos de 4€ e 3€ están á venda até 10 minutos antes do inicio da función.

Duración: 40 minutos

ENTRADAS