Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Esta fin de semana celébrase a III Feira do Peregrino

Undefined

Tui foi o punto escollido por 6.825 persoas para iniciar o percorrido do Camiño Portugués de Santiago entre xaneiro e xuño deste ano. Cada día os peregrinos, das máis diversas procedencias, percorren as rúas tudenses camiño de Compostela. Esta fin de semana a cidade celebra a III Festa do Peregrino  organizada por ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

Mañá ás 20.30h inaugúrase a exposición “Azulejo português. Diálogos contemporâneos” na Sala Municipal

Undefined

Mañá sábado, 7 de xullo, ás 20.30h será inaugurada na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, a exposición “Azulejo português. Diálogos contemporâneos”, froito da colaboración entre o Camões. Instituto da Cooperação e a Língua con sede en Vigo e a Concellería de Cultura.

Exposición “Azulejo português. Diálogos contemporâneos”

A Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, acolle do 7 ao 31 de xullo a  mostra “Azulejo português. Diálogos contemporâneos”, froito da colaboración entre o Camões. Instituto da Cooperação e a Língua con sede en Vigo e a Concellería de Cultura do Concello de Tui. 

Esta mostra enmárcase nas actividades organizadas para conmemorar o aniversario do Pacto de Tui.

Pode visitarse de  luns a venres de 9.25 h a 13.20 h e de 15.25 h a 20.10 h e os sábados de 9.25h a 13.20 h.

Mañá preséntase a III Feira do Peregrino

Undefined

Mañá venres, 29 de xuño, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da III Feira do Peregrino organizada por ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

Participarán na presentación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, os concelleiros de Comercio e Cultura, Yovana Velázquez e Eduardo Freiría, respectivamente, e o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco.

Pacto de Tui

O 4 de xullo de 1137 tivo lugar a sinatura do Pacto de Tui, un tratado de amizade entre o rei leonés Alfonso VI e o infante portugués Afonso Henriques no que se estableceu con claridade a formación da fronteira política no río Miño entre Galicia e Portugal, formando a fronteira máis antiga de Europa. Amais, este foi o primeiro paso para o recoñecemento de Alfonso Henriques coma rei de Portugal. Para conmemorar esta data o concello de Tui organiza dous concertos que terán lugar na rúa Compostela o venres 6 e o sábado 7 de xullo. 

Presentación da celebración do Pacto de Tui

Undefined

Mañá mércores, 27 de xuño, ás 11h, na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase a celebración do  “Pacto de Tui” que terá lugar o 6 e 7 de xullo na rúa Compostela. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, e membros do grupo Son de Seu que actuarán na celebración do Pacto de Tui xunto a Teresa Salgueiro.

Esta fin de semana celébrase o Concurso de Gaita e Tamboril e o Día da Muiñeira nunha aposta pola recuperación das tradicións

Undefined

A música tradicional será protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do IV Concurso de Gaita e Tamboril, o sábado, e do V Día da Muiñeira, o domingo,  organizados pola Asociación Xuvenil e Cultural San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.

A presentación destas actividades tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, Conchi Sales, presidenta, e Verónica Morais, vogal, da Asociación Cultural e Xuvenil San Telmo.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura