Ruta Literaria

Data:
26/10/2019
Lugar:
Saída a Biblioteca Pública Municipal
O sábado, 26 de outubro, ás 17 h sairá do edificio “Francisco Sánchez” sede da Biblioteca Pública Muncipal de Tui unha Ruta Literaria coa que se pecha o programa de actos desenvolvido ao longo do mes para conmemorar o Día da Biblioteca. A ruta estará dirixida pola escritora Marga do Val e polo responsable do centro bibliotecario tudense e historiador, Rafael Sánchez Bargiela.