Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Teatro para bebés este venres, en dobre función, no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Este venres o Teatro Municipal de Tui acolle dobre función de “Redondo” unha obra de teatro para bebés que chega da man de  Caramuxo Teatro. A cita será ás 17.30h e ás 19h estando limitado o aforamento a 100 espectadores por función, xa que sentarán no propio escenario. A obra está recomendada para nenos de 6 meses a 3 anos.

Pista Catro celebra o seu décimo aniversario mañá sábado en Tui

Undefined

O público familiar é o destinatario do espectáculo  “Outono” que a compañía de novo circo galego Pista Catro presenta mañá sábado no Teatro Municipal de Tui ás 19h. Co mesmo están a celebrar os seus dez anos en escena. Para iso reuniron a parte dos seus fundadores, cunha homenaxe aos pallasos clásicos. A proposta desenvólvese na carpa dun circo e reflexiona sobre o paso do tempo.

A Panadaría presenta mañá ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui” Elisa e Marcela”

Undefined

Logo do éxito colleitado na Coruña, Vigo e Santiago mañá venres chega a Tui "Elisa e Marcela", a última montaxe de A Panadaría. 

Baixo a dirección de Gena Bahamonde as actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman dan vida a Elisa e Marcela o primeiro matrimonio homosexual en Galicia. Casaron o 8 de xuño de 1901 e para logralo Elisa tivo que se transformar en Mario. A súa é unha historia de transgresión, de desafío ás regras do binomio de xénero, de defensa dos seus dereitos…

Visitas guiadas aos Sambenitos e aos cárceres inquisitoriais

Undefined

O luns 30 e o martes 31 de outubro tudenses e visitantes poderán coñecer un pouco máis o patrimonio e a historia da cidade ligada á Inquisición coas dúas visitas guiadas temáticas programadas para estas dúas xornadas. Sairán os dous días ás 20.15h da praza da Inmaculada sendo guiadas polo historiador tudense Suso Vila. O percorrido, gratuíto, durará aproximadamente unha hora.

Luns 30 Visita guiada aos Sambenitos Inquisitoriais

“Libros por alimentos” na Biblioteca Municipal de Tui

Undefined

Ata este sábado, 28 de outubro, a Biblioteca Municipal de Tui, leva a cabo a iniciativa “Libros por alimentos” coa colaboración de SOS Tomiño Baixo Miño. Trátase do intercambio de libros por alimentos non perecedoiros destinados á asociación asistencial que presta atención en Tui, Tomiño e O Rosal. A iniciativa está a contar cunha boa acollida por parte do público que xa aportou leite, azucre, fariña, cacao, a cambio dun libro.  O intercambio pode realizarse no horario de apertura da Biblioteca de luns a venres de 9 a 14h e 15 a 21h e o sábado de 9 a 13h.

Visita guiada aos Sambenitos Inquisitoriais

Dentro das visitas guiadas gratuítas organizadas polo Concello de Tui o luns 30 de outubro terá lugar a Visita Sambenitos Inquisitoriais. Sairá ás 20.15h dende a Praza da Inmaculada sendo guiada polo historiador Suso Vila. 

Os Sambenitos penintenciais da Catedral de Tui son pezas únicas en Europa. Estes lenzos sinalaban aos herexes reconciliados polo Santo Oficio, quedando marcados durnate xeracións. Na actualidade consérvanse no Museo Diocesano formando parte da riqueza da historia social de Tui e dun patrimonio cultural extraordinario. 

María Fumaça presenta este sábado en Tui a seu novo espectáculo “Aire”

Undefined

O novo espectáculo de María Fumaça chega este sábado, ás 19h, ao Teatro Municipal de Tui. Trátase de "Aire". 
Dirixido por Uxía Senlle conta con Pablo Pastor na escenografía e Isaac Palacín no son.
Sobre o escenario para interpretar as cancións deste novo traballo estarán Uxía, voz; Magín Blanco, guitarra e voz; Sergio Tannus, cavaquiño e voz; Santiago Cribeiro, acordeón; Antonio Castillo, contrabaixo; Raquel Domínguez, gaita; Pablo Ces, bombo; Oli Xiráldez, requinta e Ana Domínguez, Chus Domínguez, Andrés Giráldez, Tatán e Blanque, voces.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura