Hoxe presentouse o número cinco da revista Castellum Tyde
Hoxe presentouse o número 5 da revista Castelum Tyde promovida polo Instituto de Estudos Tudenses.
A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Javier Añoveros, a vicepresidenta Marta Cendón, e o secretario, Rafael Sánchez Bargiela.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.