Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

XXI Feira do Libro Galego

A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", así o declaraba María Victoria Moreno, a autora a quen se lle dedica este 2018 o Día das Letras Galegas. As súas obras dende “Anagnórise”  a “Diario da luz e a sombra” terán espazo destacado nos postos que as librarías tudenses Iris e Espazo Lector Nóbel presentarán no día das nosas letras. 

Programa previsto

Play Doc

Hai 14 anos que en Tui se abriu unha ventá pola que nos asomamos a historias chegadas dende os lugares máis lonxanos ou da propia Galicia. Esa primeira fiestra marcou unha liña a seguir que en catorce edicións ten convertido a Play-Doc en referente a nivel internacional no mundo do documental, e nunha cita imprescindible para os amantes do cine pero tamén para o público en xeral.

X Semana de Teatro Afeccionado

Hai unha década que os grupos de teatro afeccionado teñen a súa semana teatral coincidindo coas festas de San Telmo. Unha ocasión destacada para estrear as novas montaxes, e para presentarse ante o público que enche o teatro, nas mesmas condicións que as compañías profesionais. Unha oportunidade magnífica para amosar o bo facer de actores e actrices afeccionados.

Luns 2 ás 21.00 h

Grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas con “Os pintores non teñen recordos”. 90 minutos.

Baobab con "Pum, Pum!"

Sábado, 10 de marzo, ás 19.00h

Cada porta agocha unha historia, unha música coa que Marieta baila. Pero hai unha porta que garda un segredo que Marieta nunca contou. O espectáculo fala dunha mensaxe que os nenos deben saber dende cativos: ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.

Sarabela con "O rei morre"

Venres, 9 de marzo, ás 21.30h

O rei Berenguer I construíu un mundo a súa medida.  Crese atemporal e non é quen de aceptar a verdade de que o final da súa vida está preto. Pensa que se trata dun pesadelo e non deixa de dar ordes coma quen o pode controlar todo. A súa muller e o seu médico tentan convencelo de que acepte a crúa verdade.

Cinema "Ballerina"

Venres, 9 de febreiro, ás 20h

Cinema de animación

A paixón é quen de facer realidade os soños máis grandes. Así Felicia, unha xove orfa, consegue converterse en bailarina en Paris coa axuda do seu amigo Víctor, un xove inventor. Unha comedia chea de aventuras na maior coprodución europea de animación dos últimos anos.

Titzina Teatre con "La Zanja"

Sábado, 3 de febreiro, ás 20.30h

Humor i emoción nunha historia que nos transporta até o descubrimento de América protagonizada polo “descubridor” Pizarro e o derradeiro rei inca Atahualpa.  Dous continentes, de distintas raíces culturais, dous mundos diferentes obrigados a entenderse. Unha viaxe paralela entre o presente e o pasado que trata sobre a nosa historia e a condición humana.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura