Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Mañá ás 19h será inaugurada a exposición “Auga, o sangue da terra” de Manuel Valcárcel

Undefined

Mañá xoves, 1 de febreiro, ás 19h será inaugurada na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, a exposición «Auga, o sangue da terra» de Manuel Valcárcel que chega a Tui grazas ao convenio de colaboración cultural asinado entre o Concello de Tui, Abanca Afundación
 

Charla-concerto sobre preludios de Scriabin por Daniel Pereira

A Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música Tui  acollerá o venres, 26 de xaneiro, ás 20.30h unha charla-concerto sobre preludios de Alexander Scriabin a cargo de Daniel Pereira. Os asistentes poderán escoitar unha selección de preludios do compositor ruso, algúns deles comentados dende o punto de vista pedagógico

A entrada será de balde ata completar as localidades dispoñibles.

Oito espectáculos conforman a oferta do Teatro Municipal en febreiro e marzo cando se cumpren quince anos deste espazo escénico

Undefined

Tui mantén a súa aposta por unha programación estable, de calidade, profesional, atractiva… que ten convertido á cidade nun lugar de referencia cultural a nivel galego e do norte de Portugal. Esta mañá deuse a coñecer a oferta que o público poderá disfrutar no Teatro Municipal nos meses de febreiro e marzo, xunto a outros eventos que até maio se van celebrar no municipio.

Mañá ás 11h preséntase a programación cultural de febreiro a maio recollida na Corredoira Cultural

Undefined

Mañá venres, 26 de xaneiro, ás 11h no vestíbulo da Área Panorámica de Tui será presentada a programación cultural que se vai desenvolver na cidade entre os meses de febreiro e maio e que vén recollida na 35ª edición da axenda “Corredoira Cultural”.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura