Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Cinema de Verán "Teen Titans Go"

O mércores, 14 de agosto, ás 22.00 h na praza de San Fernando  remata o ciclo “Cinema de verán” coa proxección de “Teen Titans Go” dirixida por Aaron Horvath e Peter Rida Michail.

Tras decatarse que outros superheroes teñen as súas propias películas os Teen Titans buscan o director perfecto para debutar na gran pantalla. Pero no seu camiño atópanse con Supervillano e o seu maléfico plan para facerse coa Terra.

Duración: 87 minutos

IX Festa do Miño

O sábado, 10 de agosto, vaise celebrar IX Festa do Miño, un evento que aúna deporte, lecer, gastronomía e música en distintos emprazamentos dende a ribeira de Caldelas, o río Miño, a rúa Olímpicos Tudenses, e a rúa Compostela.

*Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego

Programa:

XX Noite Internacional do Miño

O martes, 23 de xullo, ás 21.30 h o parque do Laxal en Rebordáns será o escenario onde se celebre a XX Noite Internacional do Miño¸un evento organizado pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns que cada ano presenta o folclore máis internacional con grupos de distintos continentes.

Este ano actuarán o Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bisau, Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia e Compañía Nacional de Danza Folclórica de México.

IV Aula Internacional de Saxofón

Do domingo 14 ao mércores 17 de xullo celébrase a IV Aula Internacional de Saxofón, na que van participar unha véntena de alumnos nas masterclasses previstas a cargo dos profesores Xosé Luis Miguélez, gañador dos premios Martín Codax ao mellor disco de jazz; Rafael Yebra, profesor catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e Kyle Horch, profesor catedrático do Royal College de Londres, que ofrecerá en Tui a súa primeira masterclass en España.

De forma paralela celebraranse catro concertos:

Cinema de Verán "Como entrenar a tu dragón 3"

O venres, 12 de xullo, ás 22.30 h na praza de San Fernando proxéctase a película “Cómo entrenar a tu dragon 3

O público poderá disfrutar da terceira entrega desta saga baseada nos libros de Cressida Cowell producida por DreamWorks. Nesta ocasión o xove vikingo Hipo e o seu dragón Furia Nocturna Desdentao descubrirán o seu verdadeiro destino. Para Hipo será gobernar Illa Mema xunto a Astrid e para Desdentao ser o líder da súa especie. Até chegar aí poran a proba os lazos que os unen enfrontándose á maior ameaza que tiveron até o de agora.

Presentación da Programación do Verán Cultural 2019

Undefined

Mañá venres, 12 de xullo, ás 11.15 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación cultural do verán a celebrar nos meses de xullo e agosto.

Estarán presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, o coordinador da IV Aula Aberta de Saxofón, José Jorge Vicente, a directora do IKFEM, Andrea González, un representantes da Noite Internacional do Miño, a directora de Arraianos, Andrea Costa.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura