Tralas Pegadas do Tempo
O programa “Tralas pegadas do tempo” organizado pola concellería de Patrimonio e Cultura realizará o sábado, 15 de setembro, a derradeira visita das catro programadas.
Será o sábado 15 de setembro ás 20h ás Mámoas de Chan Longa e ao recinto amurallado do Monte Aloia. O punto de encontro será o aparcamento próximo a capela de San Xiao no Monte Aloia.
*Houbo un cambio na hora de comezo e pasa a ser ás 20h, e non ás 20.30h
A visita ten un cupo de 50 persoas e é preciso inscribirse a través do whatsapp 610 70 34 88.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.