IV Feira da Cabaza

Data:
22/10/2024
Lugar:
Mercado de San Antonio
O Mercado de San Antonio acolle o sábado 26, o domingo 27 e o xoves 31 a IV Feira da Cabaza. O programa previsto é o seguinte:
Exposición, venda, gastronomía, obradoiros e degustación de receitas con cabazas.
Sábado 26 de Outubro
- 10:00 h: Inauguración oficial e apertura do mercado de cabazas e produtos de tempada: cestería, marmeladas, cogomelos, castañas, noces, mel, galletas, queixos e embutidos.
- 12:00 h: Show cooking con menú degustación maridado con viños da zona a cargo da chef Noelia Figueiras Vega, xerente de Ministerio del Fogón SL. *Inscrición Oficina de Turismo
- 13:00 h: Sesión vermú con D'Calle e Almacén Urbano.
- 18:00 h: Espectáculo de maxia "A maxia das cabazas do profesor Wocky".
- 19:30 h: Cata de viños e tapas de mercado con D'Calle e Almacén Urbano. Maridado con tapas elaboradas a base de cabaza e outros produtos de outono. Praza limitadas. Prezo: 25€/persoa.
- 20:30 h: Actuación musical do saxofonista Marcos Sabor.
Domingo 27 de Outubro
- 10:00 h: Apertura do mercado de cabazas e produtos de tempada.
- 12:00 h: Show cooking de receitas modernas con cabaza a cargo do chef Judicael Romero: "Innovacións con cabaza". *Inscrición Oficina de Turismo.
- 13:00 h: Sesión vermú con D'Calle e Almacén Urbano.
- 17:00 h: Obradoiro de Samain: "Cociña de Hogwarts". Prazas limitadas para nenos de 3 a 11 anos. *Inscrición Oficina de Turismo
- 19:00 h: Charla: "A cabaza nunha alimentación saudable", por María López, nutricionista do Centro de Saúde de Tui.
Xoves 31 de Outubro
- 09:00 h: Recepción de cabazas para o concurso-exposición con agasallo para os participantes, e premio á máis creativa e elaborada dun vale para unha cea na hostalería local.
- 14:00 h: Votación do xurado para determinar a "cabaza máis creativa e elaborada".
- 16:00 h: Pintacaras no mercado.
- 17:00 h: Truco-trato polo comercio local en colaboración con ACTUI.
- 21:00 h: Roteiro nocturno de Samaín polo conxunto histórico.