Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados.
A continuación recóllense ligazóns de interes de asociacións, entidades e institucións que traballan nos sectores de comercio, industria e mercado.
Primeira Tenente de Alcalde
Concelleira de Emprego e Formación, Comercio, Igualdade,Turismo, Patrimonio e Conxunto Histórico
A Praza de Abastos de Tui está situada na rúa Maristas.... Anteriormente estas instalacións estiveron na rúa Casal Aboy, e na metade do século XX estaba situada na rúa Augusto González Besada.
As postos distribúense de forma lineal existindo na parte central bancadas abertas.
Ós efectos de proceder á licitación para a adxudicación da concesión demanial para explotación do posto de cafetería no Mercado Municipal de Abastos do Concello de Tui, exponse simultaneamente ó público o anuncio para a presentación de proposicións e as bases de licitación aprobadas por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 20/04/2017, por un prazo de 30 días hábiles, ós efectos de presentación de proposicións e de reclamacións respectivamente, a contar dende a última publicación deste anuncio no BOP e no Perfil do Contratante da páxina web do concello (
ANUNCIO
Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 22 de xuño 2017 o expediente de contratación da explotación de cafetería do Centro Interfederado de Tui, por procedemento aberto, cun único criterio de adxudicación e tramitación urxente, exponse ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de proposicións.
1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.
2.- Obxecto do contrato:
Explotación Ccafetería do Centro Interfederado de Tui. CPV: 55000000-0
O Paseo da Corredoira de Tui acolle mañá martes, 25 de xullo, de 10 a 21h unha Feira Benéfica de Antigüidades, Coleccionismo, Vintage e Libro Usado organizada polo Concello de Tui coa colaboración de PPartmin Creativas.
Dende a Glorieta de Vigo até os soportais distribuiranse os 45 postos de anticuarios chegados de distintos puntos de Galicia, Portugal, Asturias, e un de Francia. Ao longo do día non faltará a animación musical e mesmo ás 20h está previsto un concerto de rock clásico.
Cada xoves, Tui acolle o seu Mercado Semanal, un punto de encontro no que se pode atopar unha gran variedade de produtos: roupa, calzado, complementos, alimentación, produtos da horta, flores e moito máis.
Dende xuño de 2020, o mercado celébrase na rúa Mártires de Sobredo e na contorna da antiga fábrica de CamFran.
O mercado semanal dos xoves en Tui conta cunha longa tradición. Ao longo dos anos foi cambiando de emprazamento, até a localización actual.