Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui regulariza a situación do mercado co cobro de 57.000€ de atrasos cobrados desde outubro

4/10/2018

A concellalía de mercados  aumentou o control sobre a venta ambulante e o pago das taxas municipais

A concellalía de mercados do Concello de Tui informa da situación actual da venta ambulante da nosa cidade. Dende a concellalía aseguran que en colaboración coa Policia Local teñen conseguido ter practicamente saneada a actividades e venta ambulante. Os ingresos nas arcas municipais dos recibos emitidos aos vendedores ambulantes, pagados en período voluntario, ascende a algo más de 57.000€ no último ano. En canto a vendedores con débedas pendentes , algunhas delas xa en vía executiva, ou os que instalaban os seus postos sen abonar a correspondente taxa municipal, a recadación ascende a case 15.000€ tamén nos últimos 12 meses. Un bo número destes vendedores ambulantes solicitou o pago fraccionado no ORAL, pago que se concedeu practicamente no 100% dos caos solicitados.

Despois de todas estas seccións de control dende a concellalía aseguran que a práctica totalidade dos vendedores que montan o seu posto no mercado semanal dos xoves, posúen a preceptiva autorización. A Policia Local, realiza unha labor de inspección coordinada entre a concellalía de mercados e a de seguridade.

Nas últimas semanas se ten detectado varios vendedores sen autorización os que despois de ser identificados, se lles mandou levantar o seu posto e abandonar o mercado. Até o momento non ten sido necesario iniciar ningún expediente sancionador por venda ilegal xa que ningún deles foi reincidente.

Ao longo deste mes de setembro está previsto entregar os carnés de vendedor ambulante, carné que servirán para identificar a cada vendedor coa súa foto e a do seu suplente debidamente autorizado que o poderá substituír.

En opinión da concelleira Mila González, a labor de control e inspección e mercado ten sido moi intensa e comeza a dar os froitos desexados.