Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados.
O xoves, 2 de febreiro, o Concello de Tui levará a cabo un control selectivo dos postos do mercado semanal unha vez rematou o prazo de renovación da documentación correspondente ao ano 2017. O obxectivo é comprobar que os vendedores ambulantes teñen a documentación e o pago das taxas ao día polo que a Policía Local levará a cabo o control a primeira hora da mañá previa a montaxe dos postos, de tal xeito que aqueles que non cumpran cos requisitos marcados non poderán instalarse no mercado semanal.
Taxa por licencias de autotaxis e demais vehiculos de aquiler. Publicada no BOP o 28 de febreiro de 2008.
(Texto actualizado segundo ordenanza publicada no BOPPO núm. 116, de data 14.06.2024”)
Taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico
Taxa por servizos de matadoiros, lonxas e mercados
Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas, IAE
Publicada na páxina 13 do BOP do 19 de xaneiro de 2007
Reguladora do prezo publico pola utilización da emisora municipal de radio para emisión de "spots" publicitarios
Taxa por aproveitamento especial de instalacions municipais para exhibir propaganda en letreiros, carteleiras e similiares
Taxa por instalación de quioscos na vía pública publicada no BOP o 28 de febreiro de 2008