Espazos Efémeros celebra a súa segunda edición en Tui con 18 postos, obradoiros e concertos
Celebrarase do venres 9 ao luns 12 no edificio municipal da praza da Inmaculada
Tui acolle a segunda edición de Espazos Efémeros, un encontro de artesanía, música e innovación rural organizado por Galicia Suroeste.
O edificio da praza da Inmaculada acollerá dende este venres 9 até o luns 12 un mercado vivo de creatividade, produto local e cultura. Será coa celebración da segunda edición de Espazos Efémeros organizado por Galicia Suroeste en colaboración co Concello de Tui.
Este venres 9 ás 17.30 h terá lugar a inauguración a cargo dos representantes institucionais dos tres Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) socios do proxecto, autoridades municipais, provinciais, autonómicas e nacionais,
Nesta primeira xornada contarase coa actuación musical de Faía Díaz e Xan Campos as 19 h. O Espazo Efémero poderá visitarse nesta primeira xornada de 18.30 a 21.00 h.
Durante os catro días de celebración de Espazos Efémeros haberá dezaoito postos de venda de artesanía, xoiería, moda, produtos agroalimentarios e propostas creativas. O público poderá descubrir meles do país, viños de autor, xoiaría contemporánea, cerámica, arranxos florais e doces sen glute, entre outras propostas singulares.
Ademais da venda directa, cada xornada incluirá obradoiros demostrativos e concertos en directo, combinando tradición e innovación.
Espazos Efémeros é un proxecto de cooperación Leader interterritorial impulsado polos GDR Galicia Suroeste Eurural, Limia-Arnoia e Ulla Tambre Mandeo e está cofinanciado pola Unión Europea a través dos fondos Feader da PE PAC 2023–2027, e conta coa colaboración do Concello de Tui para a súaa posta en marcha.
Venres 9 de outubro
- Horario: 18:30 - 21:00 h
- 17:30 h Acto de presentación
- 18:30 h Degustación viño galego e apertura de Espazo Efémero Tui
- 19:00 h Música en directo a cargo de Faia Díaz e Xan Campos
Sábado 10 de outubro
- Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
- 11:30 h Obradoiro demostrativo: A Fada do Aloia
- 12:30 h Obradoiro demostrativo: Mel Niño do Corvo
- 13:00 h Música en directo a cargo de Abril
- 16:30 h Obradoiro demostrativo: Arxila Ceramics
- 17:30 h Obradoiro demostrativo: Lalusquis
- 18:30 h Obradoiro demostrativo: Mar Jewelrin
- 19:30 h Obradoiro demostrativo: Fui Yo
Domingo 11 de outubro
- Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
- 11:30 h Obradoiro demostrativo: Meleiras do Souido
- 12:30 h Obradoiro demostrativo: Floresta Flores
- 13:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Méndez Cerámica
- 16:30 h Obradoiro demostrativo: Mirabel do Rosal
- 17:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Belén Jarrín
- 18:30 h Obradoiro demostrativo: Doniccas
- 19:00 h Música en directo a cargo de Terreiras
Luns 12 de outubro
- Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
- 11:00 h Obradoiro demostrativo: Kiwi Eco
- 12:00 h Obradoiro demostrativo: Adega Quiñóns da Insua
- 12:30 h Obradoiro demostrativo: Gaia Gourmets
- 13:00 h Música en directo a cargo de The Swinging Flamingos
- 16:30 h Obradoiro demostrativo: Millo Joyería
- 17:30 h Obradoiro demostrativo: León Lagata
- 18:30 h Obradoiro demostrativo: Charria Ceramics





