Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui recibe 139.500€ da Deputación para reparar os danos do temporal do pasado inverno

3/10/2023

Con esta achega da Deputación farase fronte a parte do investimento necesario para o arranxo do pantalán da praia de Guillarei e  de afundimentos en camiños municipais en Randufe e Baldráns. 

O Concello de Tui vai recibir 139.488€ da Deputación de Pontevedra ao abeiro da liña de subvencións da entidade provincial para reparar os danos causados polas inundacións rexistradas entre o 24 de decembro de 2022 e o 1 de xaneiro de 2023.  

Con esta subvención provincial o Concello de Tui fara fronte a parte do investimento necesario para ao arranxo dos desperfectos rexistrados no pantalán na praia de Areeiros en Guillarei. Tamén para o arranxo dos danos en infraestruturas municipais en concreto nos camiños municipais sobre a Regueira do Cotarel en Randufe, e na Regueira da Fonte Febreiro en Baldráns. Tamén se reparará o pavimento no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo no que se rexistraron afundimentos.