Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bando Limpeza de fincas previo aprobación Plan de Prevencións e e Defensa contra os Incendios Forestais no Concello de Tui

01/09/2020
Áreas: 
Alcaldía

D. ENRIQUE CABALEIRO GONZÁLEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE TUI,
FAI SABER:

Que ante a próxima aprobación do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais no Concello de Tui, quixera facer chegar ós propietarios de fincas, leiras ou montes afectados pola franxa de protección de 50 metros, a recomendación de que procedan a súa limpeza ou corta de árbores, en concreto piñeiro galego ( Pinus pinaster), piñeiro silvestre (Pinus sylvestris), piñeiro de Monterrey (Pinus radiata), piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii), mimosa (Acacia dealbata), acacia negra (Acacia melanoxylum), eucalipto (Eucalyptus spp), brecina (Calluna vulgaris), carqueixa (Chamaespartium tridentatum), xesta(Cytisus spp), breixo (Erica spp), queiruga (Genista spp), fento (Pteridium aquilinum), silva (Rubus spp) e toxo (Ulex europaeus),

Por medio da presente solicítase a colaboración de tódolos propietarios destas fincas, co fin de garantir a seguridade e previr incendios forestais no noso termino municipal, indicando a maiores, que unha vez aprobado o citado Plan, enviaranse as notificacións das ordes de limpeza ou cota de árbores en dita franxa contando con só 15 días para levar a cabo as labores de limpeza ou cota.

Se algún propietario quere saber si a súa finca, leira ou monte se atopa nesa franxa pode dirixirse o correo medioambiente@tui.gal aportando a súa referencia catastral e se lle responderá na maior brevidade posible.