A XI Semana de Teatro Amador presenta seis obras a cargo de grupos tudenses
O Teatro Municipal de Tui acollerá do luns 22 ao sábado 27 de abril, coincidindo coas festas de San Telmo, a XI Semana do Teatro Amador, coa participación dos grupos de teatro tudenses. A presentación deste evento tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, xunto a representantes dos grupos de teatro participantes: Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove, Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui, Aloia da Asociación Aloia de Pazos de Reis, Chirlomirlo e Garabullada da Asociación Xuntanza