Departamentos
-
Urbanismo
Trazar as liñas mestras da ordenación do territorio, e autorizar as actuacións permitidas en cada ámbito son as tarefas básicas do Urbanismo municipal, pero mais aló deste labor fundamental en calquera cidade, o urbanismo busca tamén conseguir que a vida dos cidadáns se desenvolva nun entorno amable e cómodo. Unhas rúas cada vez mais humanizadas, no sentido mais estrito da verba, pensadas, deseñadas e realizadas para o día a día das persoas. O conxunto Histórico de Tui co seu Plan Especial é unha das máximas preocupacións urbanísticas da cidade. Buscar que o casco urbano creza de xeito ordenado e atractivo e que o rural sexa un espazo harmonioso e que conserve o seu patrimonio é misión fundamental do urbanismo municipal.
-
Aparcar en pleno centro urbano para facer un recado, acudir a unha consulta médica, realizar unha xestión ou consumir no comercio local, será máis doado dende mañá grazas á...
-
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse onte á mañá con representantes da Plataforma Cidadá de afectados polo Su 11 de Tui, logo de que presentasen a solicitude de...









