O Pleno da Corporación Municipal, con data 29 de novembro de 2007 aprobou inicialmente a “Ordenanza Reguladora do Estacionamento con Horario Limitado (Zona Azul)”, publicada no Boletín Oficial da provincia número 3, de data 4 de xaneiro de 2008, para súa exposición pública, polo prazo de trinta dias. O Terse presentado alegacións o texto, as cales foron resoltas no Pleno de data 27 de marzo de 2008, e de conformidade co disposto no arto 70.2 da lei de Bases de Réxime local, procedese publicación definitiva do texto íntegro no BOP Nº 92 do 14 de maio de 2008 Nº 92.
O pleno da Corporación Municipal, con data 26 de Febreiro de 2009, aprobou incicialmente a modificación da Ordenanza Reguladora de Estacionamento Limitado (Zona Azul), publicada no Boletín Oficial da provincia número 66 de data 7 de abril de 2009, para súa exposición pública, polo prazo de trinta días, ó non terse presentado ningunha reclamación a mesma, procédese á publicación definitiva da modificación da actual Ordenanza Reguladora de Estacionamento limitado (zona azul) , dacordo co disposto no artigo 70 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, no que se modifican os artigos 4 e 5 referidos ás infraccións e sancións recollidas.