Proxectos presentados ao Concurso de Ideas da Reordenación da Fronte Fluvial do Río Miño en Tui

O Concello de Tui convocou un concurso de ideas de Reordenación da Fronte Fluvial do río Miño en Tui, en colaboración co COAG, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Presentáronse 22 propostas.
A gañadora foi a proposta “Marxes Líquidas”, do equipo formado por María Fandiño Iglesias e Miriam García García
O xurado concedeu un primeiro accésit á proposta “Desde la memoria al medioambiente” realizada por Luciano González Alfaya e Patricia Muñiz Núñez do Estudio MMASA Muñiz Mas Alfaya, SLP.
Un segundo accésit foi concedido a “Tui…de salones y balcones” de Cristina García Fontán e Óscar López Alba.
Amais outorgáronse dúas mencións honoríficas ás propostas presentadas baixo os lemas “Raia 984” e “Re-habitar paisajes”.
Áreas:
Urbanismo