Oficina Técnica de Rehabilitación

Departamento de Urbanismo, Praza do Concello 1
Teléfono 986 60 36 25
Horario: Martes (previa cita)
Correo: ari@tui.gal
Presentación
A Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello de Tui informa, asesora e xestiona a tramitación das axudas aos particulares interesados en realizar intervencións nas vivendas situadas no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui, co fin de recuperar, dinamizar e poñer en valor este ámbito histórico da cidade. Tamén participa nas intervencións nos espazos públicos desta área buscando a rexeneración social, económica e patrimonial do Conxunto Histórico de Tui.
Servizos que presta
- Información das axudas contempladas no Plan Estatal vixente dentro do ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui.
- Información das axudas compatibles dentro do ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui.
- Información das axudas vixentes no Camiño de Santiago ó seu paso por Tui.
- Información das axudas doutras entidades públicas para o resto do ámbito municipal.
- Asesoramento técnico, visitas técnicas e suxerencia de intervencións nos inmobles.
- Redacción de documentación técnica para a solicitude de comunicación previa para obras menores.
- Información aos técnicos encargados da redacción de proxectos de obras maiores.
- Seguimento de tramitación das comunicacións previas ou licenzas solicitadas.
- Tramitación administrativa e seguimento das axudas solicitadas.
- Seguimento técnico durante a execución das obras menores.
- Estreita colaboración cos propietarios.
- Supervisión dos orzamentos e facturas.
- Colaboración cos servizos sociais para casos en situación de emerxencia.
Axudas na ARI - Outras Axudas
Áreas:
Patrimonio e Conxunto Histórico
Urbanismo