Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Inauguración dos novos vestiarios e obras complementarias no Pavillón Deportivo da Macoca

Undefined

Mañá mércores, 23 de setembro, ás 11.00 horas, realizarase o acto de inauguración dos novos vestiarios e obras complementarias realizadas no Pavillón Deportivo da Macoca, en Pazos de Reis, financiadas ao abeiro do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.

Remata un verán de diversión no Campamento do Concello de Tui que acolleu máis de 500 nenos e nenas

Undefined

Cunha festa de disfraces e distintos xogos rematou  onte o Campamento de Verán do Concello de Tui celebrado ao longo dos meses de xullo e agosto no pavillón municipal Gustavo Rodríguez e noutros espazos como a piscina municipal, a praia de Areeiros, ou as rúas da cidade.

Ao longo das catro quendas do Campamento, máis de 500 nenos e nenas, 140 por quenda, gozaron das actividades realizadas con xogos de auga, piscina, piragüismo, obradoiros para pintar a camiseta, xincanas, festa da escuma, partidos de brilé, e moito máis.

O mellor balonmán galego cítase en Tui este domingo

Undefined

O mellor balonmán galego cítase en Tui este domingo na disputa das finais da Copa e da Supercopa Galicia de Balonmán masculino e feminino.

Estes eventos, organizados pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui, Deporte Galego da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Club Balonmán Tui, reunirán en Tui aos mellores  oito equipos galegos nas categorías masculina e feminino, así coma a toda a afección galega deste deporte. A paixón polo balonmán vivirase dentro e fóra da pista en catro encontros do máximo nivel.

Hoxe presentación da Copa e Supercopa Galega de Balonmán

Undefined

Hoxe venres 28 de agosto, ás 12.30 horas, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación das finais da Copa e Supercopa Galega de Balonmán, que a Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui, Deporte Galego da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Club Balonmán Tui, organizará este domingo 30 de agosto, no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui. Disputaranse ás 11.00 e as 13.00 horas no caso das finais da Copa Galicia e ás 17.00 e 19.00 horas, no caso das finais da Supercopa Galicia.

Tui celebra o luns a concentración cabalar de San Bartolomeu

Undefined

El Chamo, actual campión de España de doma vaqueira, e Rafael Arcos actuarán por vez primeira en Galicia. Será o próximo luns ás 12.45 h na Concentración Cabalar de San Bartolomeu.  Esta secular cita volverá a converter a Tui en referente no mundo equino en Galicia cun amplo programa ao longo da mañá que comezará coa apertura da concentración ás 8 h. Este tradicional evento reunirá a centos de persoas para participar no amplo programa previsto.  

Un campión olímpico e cinco do Mundo danse cita no Descenso Internacional do Miño

Undefined

O campión olímpico, Carlos Pérez ‘Perucho’, e os campións do Mundo José Ramalho, Adrian Boros, ZSofia Czéllai-Voros, Tania Fernández e Manu Garrido forman parte dos 402 deportistas que este sábado, 22 de agosto, van participar no 55 Descenso Internacional do Miño. Esta histórica proba mantén unha participación similar a edicións anteriores reunindo a 41 clubs de Hungría, Portugal, Madrid e Galicia con 300 embarcacións. Nesta ocasión non hai un barco favorito para a vitoria absoluta xa que son varias as embarcacións k2  que loitarán por cruzar en primeiro lugar a liña de meta.

Xornada festiva co río Miño coma protagonista mañá sábado en Tui

Undefined

O río Miño marca a identidade de Tui, a súa paisaxe, e as súas xente e tamén as súas festas. Mañá sábado o Miño é protagonista coa súa festa na que piragüismo, gastronomía e música se suceden ao longo de doce horas en escenarios coma a ribeira de Caldelas, o propio río, a praia de Areeiros, a rúa Olímpicos Tudense, e a rúa Compostela.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes