Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe presentación da Copa e Supercopa Galega de Balonmán

28/08/2026

Disputanse este domingo no pavillón Gustavo Rodríguez

Hoxe venres 28 de agosto, ás 12.30 horas, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación das finais da Copa e Supercopa Galega de Balonmán, que a Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui, Deporte Galego da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Club Balonmán Tui, organizará este domingo 30 de agosto, no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui. Disputaranse ás 11.00 e as 13.00 horas no caso das finais da Copa Galicia e ás 17.00 e 19.00 horas, no caso das finais da Supercopa Galicia.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, Roberto García, a directora de deportes da Deputación de Pontevedra, Xisela Aranda, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente do Club Balonmán Tui, Agustín Martínez, acompañados polos presidentes dos clubs participantes en ambas competicións.