Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Mañá comezan as visitas culturais á cidade histórica de Tui

Undefined

Mañá martes, 25 de xullo, comezan as visitas culturais á cidade histórica de Tui. Celebraranse de luns a venres ás 12h á cidade medieval, e ás 20h ao barrio xudío. Mentres os sábados, domingos e festivos terán lugar ás 20h cun percorrido pola cidade histórica.

Estas visitas organizadas polo Concello de Tui  teñen carácter gratuíto e unha duración estimada de 60 minutos. O punto de partida é o Punto de Información Turística na praza da Inmaculada. Correrán a cargo do historiador tudense Suso Vila.

Mañá celébrase no Paseo da Corredoira a Feira Benéfica de Antigüidades, Coleccionismo, Vintage e Libro Usado

Undefined

O Paseo da Corredoira de Tui acolle mañá martes, 25 de xullo, de 10 a 21h unha Feira Benéfica de Antigüidades, Coleccionismo, Vintage e Libro Usado organizada polo Concello de Tui coa colaboración de PPartmin Creativas.

Dende a Glorieta de Vigo até os soportais distribuiranse os 45 postos de anticuarios chegados de distintos puntos de Galicia, Portugal, Asturias, e un de Francia. Ao longo do día non faltará a animación musical e mesmo ás 20h está previsto un concerto de rock clásico.

Máis de 5 mil persoas pasaron durante o mes de xuño pola Oficina Municipal de Turismo

Undefined

Máis de 5 mil persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo de Tui o pasado mes de xuño. Esta cifra case duplica a rexistrada no mesmo mes de 2016 cando se achegaran ata este servizo 2.684 persoas, e supera en máis de 2.800 as consultas recollidas en 2015.  Só nos últimos tres meses, abril, maio e xuño, a oficina de turismo atendeu a  máis de 16.300 persoas.

Última fin de semana da fase de proba da peonalización do conxunto histórico

Undefined

Esta é a última fin de semana da fase de proba do Plan de Peonalización do conxunto histórico de Tui que se puxo en marcha o 2 de xuño. Nesta primeira fase aplícase dende os venres ás 16h até os luns ás 8h. A peonalización pasará a ser definitiva a partir do venres 30 de xuño ás 16h, segundo avanzou a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez.

O Paseo da Corredoira será peonil os sábados e domingos nos meses de xullo e agosto

Undefined

Dende mañá sábado 1 de xullo o Paseo da Corredoira, no tramo comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais pasará a ser peonil dende o sábados ás 00h ata os domingos ás 23.59h durante os meses de xullo e agosto. Deste xeito na época estival búscase ofrecer aos cidadáns e visitantes un espazo de paseo, de convivencia, no que amais os nenos poderán xogar, e disfrutar ao aire libre.

Ata o 5 de xullo pódense presentar as solicitudes para o proceso selectivo de Intérprete do Patrimonio Turístico

Undefined

Ata o mércores 5 de xullo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para a contratación laboral a tempo parcial dunha persoa coma Intérprete do Patrimonio Turístico. O contratado terá dunha duración máxima de 6 meses rematando coma máximo o 31 de decembro de 2017.  As funcións a realizar son a promoción do patrimonio turístico, a difusión para a conservación do patrimonio turístico, histórico e natural; a planificación e deseño de roteiros do patrimonio, así coma a comunicación do significado do legado turístico, histórico e natural.

Folleto Turístico 2017

O Concello de Tui editou en marzo de 2017 un novo folleto turístico que recolle a oferta de lecer de turismo activo e de hospedaxe no municipio.  Realízase unha tirada de 20 mil exemplares editados en tres idiomas:castelán, inglés e portugués. Está dispoñible na Oficina Municipal de Turismo e nos establecementos hostaleiros tudenses.

 

Cartel Visita Guiadas 2016

A concellería de Turismo do Concello de Tui organiza no verán de 2016 visitas guiadas gratuítas ao conxunto histórico. Teñen lugar de martes a venres  ás 20h ao conxunto histórico, de martes a domingo ás 13h ao barrio xudío, e os sábados e domingos ás 20h á igrexa de San Domingos. O punto de encontro é a Praza do Concello.

 

Folleto Ruta Xudía Tui

Tui conta cun importante patrimonio vinculado á presenza na cidade de xudíos e conversos. A sinagoga, a casa de Salomón, a menorá na Catedral, ou os Sambenitos que se conservan no Museo Diocesano son parte da pegada deixada na cidade pola comunidade xudía. Unha ruta percorre parte deste patrimonio. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo