Gaña con Tui é un amor
As concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui coa colaboración do comercio local teñen en marcha a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui” co gallo do Día dos Namorados.. O obxectivo da mesma é fomentar as compras no comercio local con motivo da celebración do Día dos Namorados e promocionar turisticamente a cidade.
Dentro desta campaña as persoas que realicen fotografías nos elementos decorativos instalados nas rúas tudenses poderán optar a tres premios.
Gaña con Tui é un amor
- Toma unha foto nun dos elementos colocados na campaña #Tuiéunamor #NamóratedeTui
- Comparte a foto no teu perfil en Facebook, Twitter ou Instagram cos hashtag #Tuiéunamor #Namóratedetui
- Faite seguidor da nosa páxina en Facebook, Twitter ou Instagram
- Etiqueta ao Concello de Tui (Facebook @ConcellodeTui | Twitter @concellotui |Instagram @concello_de_tui)
- Comenta por que Tui é un amor
As fotografías subidas, entre o sábado 8 e o venres 21 de febreiro ás 00:00 horas, que acaden o maior número de “Me Gusta” en calquera destas tres redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram) levarán:
- 1º premio: Unha noite para dúas persoas en Aloia Nature en Tui.
- 2º premio: Unha cea romántica para dúas persoas no restaurante Época de Tui.
- 3º premio: Un estoxo de viño de adegas Vimbio.
As fotografías gañadoras daranse a coñecer o sábado 22 de febrero nas nosas redes sociais, na web municipal tui.gal e na Radio Municipal de Tui.
Nota:
Contabilizarase o número de Me Gustas das fotografías por separado en cada rede social (Facebook, Twitter e Instagram), as tres imaxes que máis de “Me Gusta” acaden serán as que reciban os tres premios establecidos, coa salvidade de que a mesma fotografía non poderá levar máis dun premio.