Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O medio natural é un dos grandes valores de Tui. O río Miño e o Parque Natural do Monte Aloia son os buques insignia do Tui Natural.  O coñecemento do entorno serve tamén para aprender a amalo e a respectalo. As sendas que percorren os montes e as beiras do río Miño tentan facilitar ese coñecemento, ademais de proporcionar espazos para o deporte e o paseo. Pero o medio ambiente abrangue tamén o respecto polo mesmo cunha aposta inequívoca pola recollida selectiva e a compostaxe. O obxectivo é reducir ao 50% o lixo que depositamos na bolsa negra no ano 2020.

Charla “A avespa asiática. Incidencia e control a través do trampeo”

A Sala Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, acolle o venres, 4 de maio, ás 19.30h, unha charla titulada “A avespa asiática. Incidencia e control a través do trampeo”.  Está organizada pola Concellería de Medio Ambiente do Concello e a Agrupación Apícola de Galicia. Correrá a cargo de Esther Ordóñez, veterinaria e presidenta do Consello Regulador do mel de Galicia.

O Consorcio do Louro ten realizado nos últimos meses máis de mil analíticas para comprobar a calidade da auga

Undefined

O Consorcio de Augas do Louro ten realizado durante os últimos tres meses, coincidindo cos períodos de seca extrema de finais de ano e coas intensas choivas que se veñen reproducindo dende entón, máis de 1000 análises de ata 25 parámetros diferentes para o control da auga potable, o que ten permitido dar resposta ás variacións na calidade da auga que chega ás plantas de potabilización co obxectivo de garantir o cumprimento dos requirimentos sanitarios legalmente esixidos.

Instalada unha redutora de presión no barrio de Areas por parte do Consorcio do Louro para reducir as perdas de auga

Undefined

O Consorcio do Louro prosegue a adoptar medidas co obxectivo de minimizar as perdas de auga que se viñan producindo.

En concreto a pasada semana  instalaron unha nova redutora de presión na zona da Baliña, en Areas, que permitirá reducir a elevada presión que soportaba unha parte do barrio de Areas e contribuirá a minimizar as perdas de auga por roturas ou fugas ocultas.

O Consorcio do Louro restrinxe o 20% o subministro a 85 grandes empresas e prohibe baldeos e regas en fincas particulares

Undefined

Ante a grave situación de alerta por seca o Consorcio do Louro restrinxirá o subministro a 85 grandes empresas e prohibe o baldeo e regas en fincas particulares. Buscan deste xeito cumprir o obxectivo fixado por Augas de Galicia de reducir o 10% o consumo total en dez días.

Preto dun centenar de persoas percorrerán este sábado o Camiño Portugués entre Caminha e Tui

Undefined

Reivindicar a importancia do Camiño Portugués pola Costa dende Caminha ata Tui é o obxectivo da andaina organizada para este sábado por Iacobus Tui en colaboración co Concello de Tui.  Preto dun centenar de persoas realizarán en dous grupos este percorrido histórico, un grupo completando os 34 quilómetros que separan Caminha e Tui e o outro grupo os 17 quilómetros entre Vila Nova de Cerveira e Valença.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Medio Ambiente