Acto de inauguración das xornadas de traballo sobre o proxecto de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural “Potenciando Capacidades en el Rural”
Este xoves, 7 de setembro de 2017, ás 10.30h na Área Panorámica de Tui terá lugar o acto de inauguración das xornadas de traballo sobre o proxecto de cooperación entre Grupos se Desenvolvemento Rural “Potenciando Capacidades en el Rural”
Os Grupos de Desenvolvemento Rural, implementan as súas estratexias no territorio e xestionan os fondos do programa Leader. Ademais traballan en rede e colaboran a través de Proxectos de cooperación que teñen por finalidade mellorar e acadar un desenvolvemento de todos os territorios de forma conxunta.




