Margarida Mariño e Laura Iturralde poñen en escena mañá xoves en Tui “As voces da Conciencia”
A praza norte da Catedral de Tui será mañá o escenario de “As voces da conciencia” con Margarida Mariño e Laura Iturralde” e dentro do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra.
“As voces da conciencia” ‘é unha peza multidisciplinar na que as protagonistas son as voces de distintas mulleres que narran en primeira persoa cómo a violencia machista afectou ás súas vidas, en calquera das súas moitas formas, conseguindo crear un ambiente incómodo que convida á autoreflexión como sociedade.




